11.6.06

O ar fresco de Faltriqueira

Effecto Faltriqueira. Chámase así o segundo album deste grupo de rapazas de Pontedeume. Beben da música tradicional, pero inundan ese regato con orixinalidade, polifonías e un toque sorprendente de "madrigalismo". Recuperan, renovan e reinterpretan temas de Andrés Dobarro, Fuxan os Ventos e Victor Jara. Presentaron o disco ao pé da Igrexa de San Andrés de Cabanas, a carón do Pazo dos Rioboo -onde o naturalista Victor López Seoane xuntou a finais do século XIX unha das mellores coleccións de insectos e volvoretas do mundo- na denominada Cantina do Atallo, onde tamén tradición e modernidade se fusionan con descaro. O alcalde de Pontedeume Belarmino Freire, o tenente de alcalde Manuel Rei, o coordenador musical da Rádio Galega Xose Luís Freire, o productor audiovisual Anxo Fernández aplaudiron a valentía das "faltris" neste acto celebrado o sábado 10 de xuño do 2006. Máis información sobre os traballos e sobre os concertos en >www.faltriqueira.com<