15.8.07
Cocedura tradicional e Mostra da Olería en Buño
As pezas colócanse con tixolos na parte superior do forno.
Nas inmediacións prepárase lama.
Coa lama féchanse os furados deixados entre tixolos.
A parte darriba péchase con cachos de cerámica para que o lume non escape.
A carón da parte inferior do forno, amoreanse tres tractores de toxo seco para facer o lume.
O toxo logra os 900 graos de temperatura que se precisan para a cocción das pezas.
Na parte superior sae o fume e as chamas nun proceso de cocción que dura máis de 3 horas.
Na Mostra da Olería de Buño amósase unha reproducción en cerámica do "Guernica" de Picasso.
As pezas de Buño combinan tradición e innovación.
Un torno tradicional de oleiro decora a parte central da Mostra da Olería de Buño.
Subscrever:
Mensagens (Atom)