23.4.06

Un tremor de terra no norde de Galiza

As 7,30 desta mañá percibiuse un tremor de terra na costa norde de Galiza. Na miña vivenda en Fene, despertamos toda a familia, despois dun ruido semellante a unha tronada. Despois, o tremor abaneou todos os mobles e lámpadas da casa. Asomámonos as ventás e na rúa non se via ningún desperfecto de importancia, ainda que sí saína os viciños preocupados. A Radio Galega informa que o terremoto alcanzou os 5 graos de magnitude, e co epicentro a 69 quilómetros ao noroeste da Coruña.