14.5.06
Ironia e humor en San Sadurniño
O cantautor de Sigüenza Alberto Pérez quedouse co público no concerto ofrecido o sábado 13 de maio no pub Dzine de San Sadurniño (A Coruña). Contou o músico da Mandrágora que nunha viaxe a Ferrol, décadas atrás, subian o porto de Pedrafita do Cebreiro a ritmo de tartaruga cando a furgoneta que circulaba diante parou o seu motor. Os acompañantes do vehículo de Alberto Pérez empuxaron o automóbil averiado, que transportaba ao Trío Los Panchos. As poucas horas, a emblemática formación coincidía de novo, coa orquestra dirixida por Alberto Pérez, tocando nun escenario en Ferrol. Ao marxe das ocurrentes anécdotas, Pérez deleitou aos asistentes ao concerto de Dzine, con boleros dos máis tradicionais ( Corazón loco, Quizás, ...) e cancións recuperadas do repertorio do pub La Mandrágora, onde compartía ilusións con Joaquín Sabina e Javier Krahe.