O enfoque do libro de banda deseñada "A morte nas fragas" combina historia e filoloxía, investigación histórica e etnográfica, para examinar o amplo espectro da represión en torno a tres eixos principais: paisaxe, cultura material e memoria. Permite realizar unha analise integral dos contextos de violencia política contemporánea. Anxos García Fonte e Carlos Sardiña, autores do volume, utilizan a banda deseñada, como unha ferramenta para divulgar a novos públicos contidos da memoria histórica democrática.

O libro editouno Son Radiofusión coa colaboración de Emisoras Municipais Galegas. Pódense realizar pedidos do volume ao correo sonradiofusion@gmail.com